QUEN SOMOS?


Hai anos, os camiños dos coordinadores do PROYECTO ATLÁNTIDA, Pepe MOYA e Florencio LUENGO cruzáronse cos de moitos docentes de Galicia. Os anos pasaron e aquel discurso de Competencias Básicas, de Escolas Democráticas, de Comunidade foi agromando nos nosos corazóns e nos nosos pensamentos. Todo era fermoso! Unha educación diferente podería ser posible! O Proxecto COMBAS e o PROXECTO COMBAS GALICIA non fixo máis que xunguir amizade, pensamentos, encontros dialóxicos. E aquí estamos, iniciando unha travesía compartida polos vieiros das aprendizaxes competenciais, das UDIS, do traballo por tarefas, polas rúbricas, polo Deseño Universal de aprendizaxes, do currículo comunitario e doméstico,…